Entradas

Recomendacións Lectoras para o Verán 2025

Imagen
 

I Exposición de Traballos da Microrrede da Terra Cha. "Toponimia"

Imagen
Dende o 2 ata o 13 de xuño podedes visitar na Casa Habanera de Guitiriz unha exposición de traballos diversos dalgúns dos centros da comarca da Terra Cha, que vimos tecendo redes e traballando en conxunto, coa ansia de mellorar e optimizar a nosa labor educativa, procurando xerar un impacto maior e de máis calidade na nosa contorna. A achega do noso cole consiste nun mapa interactivo onde poderás escoitar algúns contos tradicionais da zona, contados polo noso alumnado.

Festa da LETRAS GALEGAS 2025

Imagen
Este fin de semana pasado,  celebramos as nosas Letras cunha foliada aberta na que tivemos diversión, alegría, música en galego, boa compañía e un excelente ambiente. Non facemos festas só porque nos gusten (que tamén nos gustan 😉). Facémolas porque temos a ilusión de ser un cole do seu pobo, porque queremos que o pobo sinta coma del o seu cole. Porque a través delas creamos vínculos, espallamos a nosa cultura e creamos unha conexión entre a comunidade que seguro nos axudará a aprender a remar xuntxs polos moitos retos que nos unen.

Novos espazos de lectura: O fogar da Utopía

Imagen
Durante este curso estamos comezando a traballar no proxecto de Patios Dinámicos de @geylagar , un traballo a longo prazo que ten por obxectivo explorar todas as potencialidades dos recreos como espazos de diversión, socialización e aprendizaxe, procurando que todos/as os nenos e nenas gocen plenamente do lecer. Ademais de ofrecer xogos variados e de que os mestres/as actúen como dinamizadores/as do xogo, outra das características esenciais do proxecto é a mellora e diversificación dos espazos. Deseñar lugares acolledores, que nos axuden a desenvolvernos, a xogar, a socializar, a crear ou a imaxinar. De aí esta nova casiña. O "non lugar", se tomamos a tradución literal do grego antigo do que provén a palabra utopía. Un lugar que non existe, pero que imaxinamos, que soñamos, para poder ser felices mentres intentamos chegar a el. O fogar da utopía.

Día do Libro 2025

Imagen
O pasado 23 de abril celebramos o Día do Libro cunhas agrupacións lectoras organizadas polo alumnado maior do centro. Non só planificaron a lectura, senón que propuxeron marabillosas actividades para a súa dinamización. É unha proposta que nos encanta! Pois vemos como os/as máis pequenos/as gozan dun xeito inmenso da lectura e do paraugas de coidado e atención que os maiores lles ofrecen, mentres que os/as máis grandes asumen a responsabilidade de planificar e levar a cabo todo o proceso, achegándose dun xeito diferente á lectura e facendo por achegárllela aos e ás demais! Con leres un libro, mil mundos podes achar! Ler é florecer! 🌹

FESTA DAS LETRAS 2025

Imagen
Aquí tedes o cartel da nosa programación cultural completa para a celebración das Letras Galegas deste 2025 e, por extensión, a nosa cultura e tradición populares. Algunas actividades xa se foron realizando ao longo destes meses... pero anotade especialmente dúas datas no calendario!   17 de mayo: Foliada no cole, aberta á toda a comunidade, con @braisdashortas mi @xermolos ! 18 de mayo: Festa da Fala no San Alberte, con participación del alumno que quiere achegarse! @ceiplagostelleguitiriz   @vicedepulugo

Polos Creativos no Cole de Parga

Imagen
Mirade como trabajamos cos novos recursos que nos van chegando de Polos Creativos! Este programa, financiado por la Consellería de Educación, pretende dar un enfoque más experimental y práctico a los procesos de aprendizaje.