Novos espazos de lectura: O fogar da Utopía
Durante este curso estamos comezando a traballar no proxecto de Patios Dinámicos de @geylagar , un traballo a longo prazo que ten por obxectivo explorar todas as potencialidades dos recreos como espazos de diversión, socialización e aprendizaxe, procurando que todos/as os nenos e nenas gocen plenamente do lecer.
Ademais de ofrecer xogos variados e de que os mestres/as actúen como dinamizadores/as do xogo, outra das características esenciais do proxecto é a mellora e diversificación dos espazos.Deseñar lugares acolledores, que nos axuden a desenvolvernos, a xogar, a socializar, a crear ou a imaxinar.
De aí esta nova casiña. O "non lugar", se tomamos a tradución literal do grego antigo do que provén a palabra utopía.
Un lugar que non existe, pero que imaxinamos, que soñamos, para poder ser felices mentres intentamos chegar a el.
O fogar da utopía.

Comentarios
Publicar un comentario