Día do Libro 2025
O pasado 23 de abril celebramos o Día do Libro cunhas agrupacións lectoras organizadas polo alumnado maior do centro. Non só planificaron a lectura, senón que propuxeron marabillosas actividades para a súa dinamización.
É unha proposta que nos encanta! Pois vemos como os/as máis pequenos/as gozan dun xeito inmenso da lectura e do paraugas de coidado e atención que os maiores lles ofrecen, mentres que os/as máis grandes asumen a responsabilidade de planificar e levar a cabo todo o proceso, achegándose dun xeito diferente á lectura e facendo por achegárllela aos e ás demais! Con leres un libro, mil mundos podes achar! Ler é florecer! 🌹

Comentarios
Publicar un comentario