Festa da LETRAS GALEGAS 2025
Este fin de semana pasado, celebramos as nosas Letras cunha foliada aberta na que tivemos diversión, alegría, música en galego, boa compañía e un excelente ambiente.
Non facemos festas só porque nos gusten (que tamén nos gustan 😉). Facémolas porque temos a ilusión de ser un cole do seu pobo, porque queremos que o pobo sinta coma del o seu cole. Porque a través delas creamos vínculos, espallamos a nosa cultura e creamos unha conexión entre a comunidade que seguro nos axudará a aprender a remar xuntxs polos moitos retos que nos unen.

Comentarios
Publicar un comentario