I Exposición de Traballos da Microrrede da Terra Cha. "Toponimia"
Dende o 2 ata o 13 de xuño podedes visitar na Casa Habanera de Guitiriz unha exposición de traballos diversos dalgúns dos centros da comarca da Terra Cha, que vimos tecendo redes e traballando en conxunto, coa ansia de mellorar e optimizar a nosa labor educativa, procurando xerar un impacto maior e de máis calidade na nosa contorna. A achega do noso cole consiste nun mapa interactivo onde poderás escoitar algúns contos tradicionais da zona, contados polo noso alumnado.