VISITA DE ANA MEILÁN

 O pasado martes 20 de febreiro visitounos Ana Meilán, autora de divertidísimos libros como 8 patas, Quen ven a verme esta noite?, O aire do lobo Rigoberto...

A mañá estivo dividida en tres sesións. En primeiro lugar acudiron ao seu contacontos as alumnas e alumnas de EI, xunto cos nenos e nenas que nos visitan os martes no programa "Educando en Familia" do Concello e Guitiriz. 

Tras un breve descanso coincidindo co recreo, foi o turno de 1º, 2º e 3º EP. E remataron a xornada os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º cunha sesión de contacontos e un obradoiro de escritura creativa.

Adxuntamos un vídeo para que vexades algunhas imaxes da xornada.

Vídeo Ana Meilán











Comentarios